Home / Sociedad / En femenino / Fene abre a inscrición a obradoiros gratuítos para mulleres sobre o uso de móbiles e ordenadores

Fene abre a inscrición a obradoiros gratuítos para mulleres sobre o uso de móbiles e ordenadores

FERROL360 | Luns 11 novembro 2019 | 19:40

Fene abre a inscrición nos obradoiros gratuítos sobre o manexo do ordenador e móbil organizados polo Instituto de Investigacións Científicas Ecolóxicas ou INICE e dirixidos preferentemente a mulleres. Os talleres celebraranse do 20 ao 27 de novembro en colaboración co Concello.

Os talleres son de balde e poderán participar todas as mulleres de Fene sen límite de idade. A data de comezo dos obradoiros será o día 20 de novembro e finalizarán o 27 do mesmo mes, en quenda de mañá.

A duración dos mesmos é de 12 horas e terán lugar na aula de informática do Concello, sita na Avenida de Naturais 44, entresollado dereita.

Este programa está subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. As interesadas en anotarse a estes talleres poden poñerse en contacto co INICE no seguinte enderezo electrónico igualdadgalicia@inice.es ou chamando ao teléfono 646 385 736.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies