Home / Ferrol / Fene / Fene abre este mércores o prazo para inscribirse no programa de conciliación familiar e laboral «Verán máis alá»

Fene abre este mércores o prazo para inscribirse no programa de conciliación familiar e laboral «Verán máis alá»

FERROL360 | Martes 7 xuño 2016 | 12:39

Un ano máis volve o programa de conciliación da vida laboral e familiar «Verán máis alá», que promove o Concello de Fene para o alumnado escolarizado en Educación Infantil e Primaria -nados entre os anos 2004 e 2012-. Celebrarase do 1 ao 29 de xullo no CEIP de Centieiras en horario de 8:00 a 14:30 horas.

Os veciños de Fene interesados na inscrición poderán formalizala os días 8 e 9 de xuño no departamento de Cultura e Deportes. Se hai prazas vacantes poderán participar nenos doutros concellos e poderán inscribirse o 10 de xuño.

Os horarios de presentación da solicitude son de 8:00 a 19:00 horas o luns, e de 8:00 a 14:30 horas o martes, mércores e xoves. As prazas concederanse por rigorosa orde de inscrición ata cubrir as 120 previstas. O 13 de xuño publicarase a listaxe dos participantes no programa.

As cuotas a abonar son de 68,15 euros o primeiro membro da unidade familiar e de 36,70 euros a partir do segundo. Haberá redución do 50 % e incluso do 100 % en función da capacidade económica. Tamén hai a posibilidade de participar nunha das quincenas, pola que se abonará o 50 % da cuota establecida.

As bases da convocatoria poden consultarse na web municipal.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies