Home / Sociedad / Empleo / Fene abre o prazo de inscrición para participar no taller práctico de formación en primeiros auxilios

Fene abre o prazo de inscrición para participar no taller práctico de formación en primeiros auxilios

FERROL360 | Martes 21 abril 2015 | 18:29

O Concello de Fene levará a cabo un taller práctico de formación en primeiros auxilios dirixido a traballadores do sector agrogandeiro e forestal. Un curso que ten por obxectivo dotar dos coñecementos e habilidades básicas necesarias para prestar os primeiros auxilios ante unha situación de urxencia producida por un sinistro laboral.

Poderán acceder persoas traballadoras ou desempregadas maiores de 18 anos que residan en Fene ou nalgún dos concellos pertencentes ás rías Altas e arco Ártabro. Tamén poderán participar os traballadores ligados á actividade agraria.

O curso ten unha duración de oito horas e impartiráse os días 14 e 15 de maio. O prazo de inscripción remata o día 7 e as solicitudes poderán presentarse por correo electrónico: desenvolvementorural.issga@xunta.es e orientación.laboral@fene.es; fax: 981.17.48.02 ou teléfono 981.17.43.81 e 981.49.27.67 no Servizo de Orientación Laboral do Concello.

Ao remate do taller, o ISSGA expedirá certificado de asistencia aos alumnos. Na acción abordaránse, entre outros, os seguintes contidos: Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo; os primeiros auxilios: aspectos xerais; situacións de emerxencia e protocolos de actuación.

Taller de xardinería en Ferrol

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Ferrol desenvolverá o obradoiro ocupacional de xardinería que organiza conxuntamente con Asfedro, para usuarios de dita entidade. A actividade ofrece unha formación e orientación laboral para mellorar a empregabilidade dos participantes, ademais de mellorar as zonas verdes do barrio de Caranza.

Nove homes e unha muller reciben formación teórico-práctica de 160 horas de duración, distribuídas en cinco módulos: poda de árbores e arbustos ornamentais, mantemento de cuberta vexetal, control fitosanitario de xardíns, fertilización de xardíns, e rego.

O alumnado realiza a súa formación práctica en zonas do barrio de Caranza e cumprimentará a súa formación con 48 horas de prácticas no Servizo Municipal de Parques e Xardíns do Concello de Ferrol. O curso comezou no mes de febreiro e finalizará en xuño.

A Concellería de Benestar Social financia con 8.000 euros este curso de xardinería que ten como a mellora das capacidades de inserción laboral dos alumnos e alumnas así como favorecer o seu proceso de incorporación social.

Banner Odeon

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies