Home / Sociedad / En femenino / Fene abre o prazo para anotarse na Escola de Natación postparto

Fene abre o prazo para anotarse na Escola de Natación postparto

Ferrol | Martes 5 febreiro 2019 | 20:18

A natación é un deporte dos máis completos e beneficiosos para a saúde e o benestar das mulleres antes e despois de dar a luz. Por iso, o Concello de Fene abre a inscrición na Escola de Natación postparto que comeza este mes de febreiro xunto coa Escola de natación para embarazadas que xa se vén realizando dende hai un tempo.

Deste xeito, os bebés e as súas nais, xunto a outras mulleres embarazadas compartiran espazo no pavillón da Xunqueira en San Valentín.

A escola de natación para embarazadas consiste nun programa de exercicios acuáticos orientado a evitar un sobrepeso innecesario, a preparar os músculos para o parto e a lograr un estado de relaxación e benestar durante a etapa de xestación.

Ademais, a preparación física previa ao parto supón unha mellor e máis rápida recuperación despois do embarazo, que se pode potenciar coa natación postparto.

Despois de dar a luz, e deixando pasar un periodo de tempo prudencial para empezar a realizar exercicio físico, a natación é o deporte ideal xa que ademais de axudar a recuperar o bo estado físico das nais tamén contribúe á volta a normalidade.

As interesadas en participar na Escola de Natación postparto poderán inscribirse nas dependencias administrativas do propio pavillón de luns a venres en horario de 09:00 a 13:30 horas e os mércores en horario de tarde, de 16:30 a 19:00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*