Home / Ferrol / Ares / Fene, Ares e Cabanas impartirán un novo obradoiro de emprego dirixido a xóvenes

Fene, Ares e Cabanas impartirán un novo obradoiro de emprego dirixido a xóvenes

FERROL360 | Domingo 5 xullo 2015 | 11:54

Nos vindeiros meses os concellos de Ares, Cabanas e Fene porán en marcha un novo obradoiro de emprego dirixido a xóvenes empadroados nun dos tres municipios e que estean rexistrados no programa de Garantía Xuvenil.

Para poder participar nesta actividade é imprescindible estar rexistrado no programa e pódese formalizar a inscrición aquí. Ademais, os participantes deben ter máis de 16 anos e menos de 25. No caso de personas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % deben ser menores de 30 anos.

Asimesmo, non poden ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude e non ter recibido accións educativas ou formativas leven consigo máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.

Por último, deben presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil.

Aínda están pendentes de aprobación outras especialidades formativas ocupacionais solicitadas por estes concellos, que son as seguintes: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería; Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais; Fabricación e montaxe de instalacións de tubería industria e pintura industrial en construcción.

Os interesados en ter máis información poden dirixirse á Área de Fomación e Emprego “Pancho Allegue” no Concello de Fene, no teléfono 981.492.767 ou no enderezo: orientacion.laboral@fene.es

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies