Home / Cultura / Fene arranca motores para celebrar o ciclo «Novembro, mes do humor»

Fene arranca motores para celebrar o ciclo «Novembro, mes do humor»

FERROL360 | Martes 3 novembro 2015 | 10:44

Lucía Aldao e María Lado, Luís Zahera, Camila Bossa e Iolanda Muíños e Cándido Pazó, serán os protagonistas do ciclo «Novembro, mes do humor» que celebra o Concello de Fene en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña.

As funcións programadas dentro do ciclo terán lugar os venres de novembro no salón de actos da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene, ás 20:00 horas, agás a última obra que será ás 21:00 horas.

As entradas serán de balde, pero é preciso recoller invitacións, máximo dúas por persoa, o mesmo día da actuación na conserxería da Casa da Cultura de Fene a partir das 16:00 horas.

O ciclo «Novembro, mes do humor» comezará este venres día 6 coa actuación de Aldaolado, un dúo formado por Lucía Aldao e María Lado, que presentarán o seu último espectáculo, Sempre en Ibiza. Trátase dun cabaré lírico cheo de poesía, historias e cancións, «con sátira, con mensaxe, con didactismo e mesmo con demanda de participación e agasallo para os ousados».

O venres 13 de novembro chegará a Fene o coñecido actor Luís Zahera cun monólogo titulado Chungo, no que fará un repaso en clave de humor da súa traxectoria profesional. Zahera explicará as súas vivencias vitais como actor, e a traxectoria que o foi levando a interpretar «papeis de raro, de non moi listo e sempre de chungo».

O venres 20 de novembro, tomarán o relevo as actrices Camila Bossa e Iolanda Muíños coa súa obra Malos hábitos. Trátase dunha comedia escrita e dirixida polo dramaturgo naronés José Luís Prieto, un espectáculo teatral cheo de humor e catalogado como «micromisa».

E xa para pechar o ciclo, o venres 27 de novembro, chegaralle o turno ao actor e contacontos Cándido Pazó con Que cousas!, un espectáculo de narración oral «tabernaria», a medio camiño entre o conto e o monólogo cómico. Unha ristra de lerias e historias baseadas en verdades que parecen mentira ou en mentiras que parecen verdade.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies