FERROL 360 | Domingo 11 agosto 2013 | 12:08
Este s?bado presentouse a nova gu?a de turismo editada polos concellos de Fene, Cabanas e Pontedeume; unha iniciativa que acada a colaboraci?n entre concellos coa finalidade de presentar un producto tur?stico m?is atractivo e completo aos visitantes da comarca.
Os actos de presentaci?n comezaban pola ma?? no Museo do Humor fen?s, onde d?ronse cita numerosos veci?os e persoeiros como o deputado provincial Miguel de Santiago; o alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e os seus hom?logos de Pontedeume e Cabanas, Gabriel Torrente e Germ?n Castrill?n.
Santiago calificou o proxecto de ?prioritario? para a Deputaci?n, xa que ?debe ter como principal obxectivo o de axudar e colaborar con iniciativas como esta na que se pretende fomentar uns recursos tan importantes como son os do turismo?.
Gumersindo Galego, pola s?a banda, aproveitou para enxalzar a riqueza natural e patrimonial dos concellos, que, posta en conxunto, adquire un valor a?nda maior.
A ma?? rematou cunha rota polo concello de Fene, con paradas estrat?xicas no Felipop e no miradoiro de Coto de Rei, ademais dunha degustaci?n de petiscos.
Xa pola tarde, a quenda recaeu no concello de Cabanas, que escolleu o Hotel Sarga para o evento, no que seguiron presentes o deputado provincial Miguel de Santiago e o alcalde de Cabanas, Germ?n Castrill?n, ademais de concelleiros dos tres municipios.
Castrill?n amosou a s?a satisfacci?n polo proxecto e o seu desexo de incorporar nun futuro aos restantes concellos da bisbarra. ?Estamos convencidos de que a comarca ten un gran atractivo e un potencial tur?stico moi importante. Agora nesta gu?a estamos a colaborar tres concellos, pero eu agardo e estou convencido de que en futuros proxectos apuntaranse os restantes municipios do Eume?, dixo.
Os actos desta presentaci?n continuaron cunha visita ? caseta de informaci?n tur?stica de Cabanas e cun paseo pola praia da Madalena, para rematar coa visita ao embarcadoiro do D?a Oito e ? gamela ?Anduri?o?, na que o Concello realizou percorridos pola r?a o ano pasado.