Home / Ferrol / Fene / Fene celebra esta fin de semana a I Mostra Turística Ven a Fene

Fene celebra esta fin de semana a I Mostra Turística Ven a Fene

FERROL360 | Mércores 8 outubro 2014 | 20:02

Unha ruta dos muíños en Magalofes e o II Concurso Gastronómico da Pataca compoñen as actividades da I Mostra Turística Ven a Fene que terá lugar durante esta fin de semana. Así, a ruta dos muíños será este sábado, con saída ás 11:30 horas dende o local social da AVV de Magalofes e chegada ás 13:00 horas ao local social.

O itinerario será o seguinte: Subida ao nacemento do río Magalofes, As Picas, Muíño do Redondo, baixada a Sta Ana e chegada ao local social de Magalofes. As persoas interesadas en participar deben inscribirse na AVV de Magalofes, no teléfono: 981.344.453, ou no departamento de Promoción Económica do Concello de Fene, no teléfono: 981.492.767.

Mentres, o II Concurso Gastronómico da Pataca terá lugar do 10 ao 26 de outubro nos seguintes horarios: Os venres de 20:00 a 22:00 horas; os sábados de 13:00 a 15:00 e de 20:00 a 22:00 horas e os domingos de 13:00 a 15:00 horas. Así, hai un total de 14 locais participantes, dos que cinco son de Fene, catro de San Valentín, tres de Perlío, un de Magalofes e un de Maniños.

Os clientes que percorran todos os locais, e cubran a fenerruta, poderán optar a un premio dunha fin de semana para tres persoas no Parque Warner de Madrid que comprende viaxe en tren, dúas noites de hotel e entradas para dous días. Ou tamén a dous vales de 40 euros para consumir nos locais adheridos á asociación de comercio, hostalería e servizos de Fene “O Cruceiro”.

Mentres, o local que resulte campión recibirá un estuche de viños por cortesía de Bodegas Barral, trofeo e diploma. E o subcampión, un estuche de viños por cortesía de Bodegas Barral, trofeo e diploma.

A entrega de premios e os sorteos farase na Praza do Concello o 26 de outubro ás 20:00 horas coincidindo coa clausura da I Mostra Turística Ven a Fene na que haberá degustacións gastronómicas gratuítas.

Por outra banda, os feneses interesados en acudir á Festa do Mel de Goente o vindeiro 12 de outubro poden inscribirse no teléfono: 981.492.767. Un bús gratuíto sairá de diante do Concello de Fene ás 10:30 horas, regresando ás 20:00 horas.

Gumersindo Galego e Juan Franco durante a presentación das actividades (foto: Concello de Fene)

Gumersindo Galego e Juan Franco durante a presentación das actividades (foto: Concello de Fene)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies