Home / Actualidad / Fene celebra o Día da Patria coa lectura de Carme Romero

Fene celebra o Día da Patria coa lectura de Carme Romero

A lectura do manifesto por parte da ceramista (foto: Concello de Fene)

FERROL360 | Sábado 25 julio 2020 | 16:45

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, presidiu o acto de lectura da declaración institucional polo Día da Patria Galega. A ceramista fenesa Carme Romero foi a encargada de pórlle voz e lembrar, de paso ao poeta Pérez Parallé coas verbas «saúde e canta o paspallás».

Explican desde o Concello que á lembraza rememora aqueles anos nos que «rematando a guerra do 36, o ser galeguista era tan perseguido que un grupo de amigos entre os que se atopaba Pérez Parallé», para se reunir empregábanna como contrasinal.

Durante a súa intervención, a impulsora da Escola de Cerámica do Muíño do río Va, en Maniños, serviuse das súas experiencias vitais e profesionais para reivindicar o patrimonio material e inmaterial e, particularmente, a lingua: «Esta lingua tan fermosa, chea de palabras e verbas que definen con perfección todo o que teño ó meu arredor, o traballo, os meus sentimentos, as lembranzas, a natureza que me rodea, o que vivo».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies