Home / Ferrol / Fene / Fene celebrará a VII edición da Feira Multisectorial do Comercio este domingo

Fene celebrará a VII edición da Feira Multisectorial do Comercio este domingo

FERROL360 | Venres 18 setembro 2015 | 12:50

A VII Edición da Feira Multisectorial do Comercio de Fene chega este domingo á rúa San Salvador, en Perlío, no entorno da Praza do Perla. Os comerciantes poñerán á venta os seus productos nunha carpa que estará aberta en horario de 10:00 a 20:00 horas.

Os visitantes poderán mercar roupa e calzado, ademais poderán botar un ollo ós vehículos de ocasión de varias empresas de automoción de Fene. Esta é unha novidade na Feira Multisectorial do Comercio.

César Castro, concelleiro de Promoción Económica, asegura que «a variedade está garantida nesta Feira e será un importante atractivo da mesma». A cita está organizada pola Asociación de Comercio, Hostelería e Servizos «O Cruceiro» en colaboración co Concello de Fene.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies