Home / Ferrol / Fene / Fene organiza obradoiros gratuítos de Educación para a Saúde en diferentes nas parroquias

Fene organiza obradoiros gratuítos de Educación para a Saúde en diferentes nas parroquias

FERROL360 | Mércores 14 xaneiro 2015 | 12:54

Esta semana arrancan os obradoiros de Educación para a Saúde nas parroquias de Magalofes, San Valentín e Fene. Os talleres, de carácter gratuíto, celebraranse de forma estable nos locais destas entidades ata o mes de xuño, unha vez á semana e cunha duración de hora e media.

As sesións están destinadas aos maiores do municipio e os interesados en participar poden anotarse no Centro Municipal de Servizos Sociais ou nas asociacións colaboradoras: CPS San Valentín, CMI Unidade de Fene e AVV San Xurxo de Magalofes.

Os obradoiros teñen como obxectivo a aprendizaxe de técnicas de relaxación para controlar o estress, a ansiedade e os seus síntomas. Ademais, haberá sesións de risoterapia, habilidades sociais e autoestima que axudan igualmente a mellorar a calidade de vida.

Ata o momento, estes talleres celebrábanse en Perlío todos os luns. Agora, exténdense a San Valentín os martes, de 18:00 a 19:30 horas, en Fene os mércores, de 17:00 a 18:30 horas e Magalofes os venres, de 19:00 a 20:30 horas.

As sesión forman parte do programa Tardes Activas, que promove a concellería de Servizos Sociais en colaboración coa Deputación provincial da Coruña.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies