Home / Ferrol / Fene / Fene pon en marcha a campaña informativa de reciclaxe «Erre que R»

Fene pon en marcha a campaña informativa de reciclaxe «Erre que R»

FERROL360 | Martes 19 xaneiro 2016 | 18:46

A Concellería de Medio Ambiente de Fene, en colaboración coa Deputación da Coruña, pon en marcha a campaña de reciclaxe «Erre que R», que ten como obxectivo informar e acadar a implicación de todos os cidadáns na separación e uso correcto dos diferentes colectores.

A campaña consiste na edición de folletos informativos que, ao longo dos vindeiros días, se repartirán en todos os centros educativos do Concello. Os folletos recollen información sobre o tipo de residuos que se deben depositar nos diferentes colectores ou o horario de depósito do lixo nos mesmos.

Tamén se explica como se xestiona a recollida de voluminosos por parte da Concellería de Medio Ambiente, lembrando que o servizo está operativo todos os mércores para Fene, Sillobre, Perlío, San Valentín, Magalofes e Vilar do Colo e, todos os xoves, para Maniños, Barallobre e Limodre.

Ao mesmo tempo, se recomendan unha serie de actuacións para evitar o uso excesivo de produtos de usar e tirar, limitar no posible o consumo de envases innecesarios, reutilizar as bolsas de plástico para depositar o lixo na casa ou esmagar e pregar os envases antes de metelos no colector para reducir o seu volume.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies