FERROL360 | Martes 3 febreiro 2015 | 10:55
Os proveedores do Concello de Fene xa poden facturar electronicamente e presentar a factura a través do punto xeral de entrada de facturas electrónicas. A administración local acordou a adhesión ao FACe, de xeito que os proveedores deben seguir este novo procedemento.
Na plataforma FACe atópase toda a información necesaria para que os proveedores remitan as súas facturas electrónicas e realicen o seguimento da súa tramitación. Os códigos de identificación son os seguintes: Oficina contable – LA0003030 Unidade de Intervención e Control; Órgano xestor – LA0003033 Alcaldía; Unidade Tramitadora – LA0003030 Unidade de Intervención e Control.
En todo caso, desde o Concello informan que quedan excluídas desta obriga aquelas facturas cun importe de ata 5.000 euros, IVE incluído.