FERROL360 | Luns 27 abril 2015 | 14:27
O Concello de Fene vén de presentar á liña de subvencións aberta pola Axencia de Turismo de Galicia o programa de mellora da accesibilidade da praia de Río Sandeo, unha intervención orzamentada en 25.480 euros.
A intervención contempla a construción dunha rampa de acceso dende o aparcadoiro e ata o mesmo areal. A rampa existente ten unha pendente de 15 graos, polo que as condicións de accesibilidade non son as máis adecuadas. Así mesmo, conleva a reducción do aparcadoiro no seu lateral en dous metros de cara a situar neste punto a nova infraestrutura.
Nun primeiro tramo, e aproveitando o muro, proponse unha pequena excavación ata o seu remate. Dende aquí, e con pilares de madeira no areal, sinálase a disposición dun entramado portante onde descansen os travesaños e onde se anclen as rampas feitas en madeira tratada acorde co entorno-
Estas axudas están destinadas ao fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos nos concellos e poden chegar ao 100 % do custe.
Últimos comentarios