Home / Actualidad / Ferreiro e Villamar reúnense coa nova directiva da Asociación de Comerciantes de Narón

Ferreiro e Villamar reúnense coa nova directiva da Asociación de Comerciantes de Narón

FERROL360 | Xoves 31 maio 2018 | 9:25

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, reuníronse este mércores á nova directiva da Asociación de Comerciantes de Narón. A actual presidenta da entidade, María Yáñez substituiu recentemente no cargo a Olga Ameneiro.

Yáñez acudiu acompañada de parte do novo equipo, que integran Noelia Paz, Eva Pena, Alba Dopico, Silvia Oreona, Víctor Caneiro y Rocío Rodríguez.

Ferreiro valorou a labor que desenvolve a asociación, así como as numerosas actividades nas que se implica activamente, en colaboración co Concello de Narón. Campañas de comercio, diversas causas solidarias, programas municipais como os Camiños Escolares Seguros, actividades do Nadal, son algúns dos exemplos que citou a alcaldesa froito dese traballo conxunto dirixido á veciñanza.

A alcaldesa e o concelleiro agradeceron o labor realizado pola anterior directiva e deron a benvida ao novo equipo. Os representantes do goberno local ofreceron á entidade a colaboración da administración local «para continuar defendendo e apostando polo comercio local, cun moi bo servizo e diversificado en canto á súa oferta», coincidiron en subliñar.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies