Home / Ferrol / Ferrol / Ferrol acolle este sábado as Xornadas de Concienciación para condutores con sancións

Ferrol acolle este sábado as Xornadas de Concienciación para condutores con sancións

FERROL360 | Venres 4 marzo 2016 | 20:00

O cuartel da Policía Local de Ferrol, en San Xoán, acolle este sábado, 5 de marzo, a sétima edición das Xornadas de Concienciación, un programa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para condutores con sancións por delitos relacionados coa seguridade viaria como alternativa aos tradicionais Traballos en Beneficio da Comunidade e que se encadra dentro dun convenio entre a Alcaldía e Institucións Penitenciarias.

Esta edición desenvolverase durante dous meses -8 sábados-, nas dependencias da Policía Local grazas á colaboración do Concello de Ferrol e da Xefatura deste corpo. Durante as vindeiras sesións participarán 24 persoas deste grupo -22 homes e dous mulleres-. No último lustro, víñanse celebrando no Concello de Narón, malia que o maioría dos asistentes son veciños do municipio ferrolá. No ano 2015, 65 persoas tomaron parte deste programa nas xornadas celebradas en Narón e Compostela.

Estas Xornadas de Concienciación están coordinadas por dous profesionais da psicoloxía con ampla experiencia no eido do tráfico. O programa, que conta co apoio da Dirección Xeral de Xustiza e de Institucións Penitenciarias (Unidades de Medidas Abertas), ten como fin concienciar os condutores e condutoras de que a seguridade viaria depende de todas e cada unha das accións que a nivel persoal e individual en disposición de asumir.

Preténdese diminuír o número de condutas infractoras, así como incrementar a motivación ao cambio para lograr maior responsabilidade e respecto ás normas. Ao mesmo tempo, búscase incrementar o autocontrol e a responsabilidade compartida nas vías, así como dotar as persoas participantes de recursos, medios e análise crítica para corrixir ideas distorsionadas sobre a condución e a responsabilidade na estrada.

Nunha segunda fase, a Policía Local de Ferrol pasará a supervisar as tarefas dos penados por delitos de tráfico co fin de implicalos en tarefas de regulación da circulación e na patrulla dos barrios para detectar infraccións co ánimo de que tomen conciencia da importancia de respectar as normas como condutores e peóns polo ben común.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies