Home / Actualidad / Ferrol acollerá dous sesións do exercicio Conxunto Marítimo MARSEC 16

Ferrol acollerá dous sesións do exercicio Conxunto Marítimo MARSEC 16

FERROL360 | Martes 17 maio 2016 | 16:06

Este luns arrancaba o exercicio conxunto de seguridade marítima denominado MARSEC-16, no que participan a Armada e outros 27 organismos estatais, autonómicos e locais. Ata o vindeiro 27 de marzo realizaranse adestramentos sobre quince escenarios diferentes, que se desenvolverán en varios puntos da costa española.

O exercicio pretende mellorar a coordinación na mar entre as unidades da Armada e organismos gobernamentais e non gobernamentais relacionados coa Acción do Estado na Mar, no planeamento, condución e execución de operacións de protección dos espazos marítimos de interese, cubrindo un amplo espectro de situacións.

O obxectivo do exercicio MARSEC-2016 é comprobar a capacidade de coordinación e colaboración da Forza de Acción Marítima da Armada con outros organismos para levar a cabo operacións de seguridade marítima.

Outros obxectivos deste exercicio son mellorar a coordinación na loita contra o tráfico de drogas e a inmigración irregular, o control sanitario de inmigrantes, o buceo, a guía do tráfico marítimo e o auxilio e rescate na mar.

Para o desenvolvemento do exercicio, a Armada aporta dez buques, helicópteros e máis de 400 mariños da Forza de Acción Marítima, Forza de Acción Naval e de Infantería de Mariña. Ademais, no desenvolvemento dos distintos escenarios do exercicio está prevista a presenza de observadores de países aliados.

En Ferrol levaranse a cabo os escenarios IX e de Oportunidade. O primeiro desenvolverase nas proximidades do porto e consistirá no adestramento conxunto de unidades de buceo da Armada e SASEMAR da Coruña, aumentando o coñecemento mutuo e a interoperabilidade en operacións de buceo.

O segundo será un adestramento nos procedementos de interceptación, interrogatorio e abordaxe dun buque mercante.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies