Home / Sociedad / Educación / Ferrol acollerá en marzo a fase de zona do Club de Debate

Ferrol acollerá en marzo a fase de zona do Club de Debate

FERROL360 | Xoves 22 xaneiro 2015 | 20:03

Ferrol será o escenario, o próximo 7 de marzo, da fase de zona da cuarta edición do Club de Debate para alumnos de ESO e Bacharelato. Os tres equipos da cidade que participan coñeceron esta mesma mañá as normas, tempos, estrutura e dinámica do certame, no que se van enfrontar a máis de 200 estudantes galegos distribuídos en 23 grupos. O obxectivo da actividade é activar o uso oral da lingua galega entre a mocidade.

A fase de zona precede á final, que terá lugar o 26 de abril en Carballo. O tema é «Herdamos o galego, temos que transmitilo«. O propio Concello ferrolán asinou esta semana o protocolo de colaboración do certame, no que a cidade naval compite cos municipios de Ames, Carballo, Rois, Teo, Santiago de Compostela, Pontevedra, O Carballiño e Negreira.

Carballo, Negreira e Ferrol compoñen a zona da primeira fase, a disputar na cidade naval en marzo. O trío de conxuntos ferroláns veñen do IES Leixa e o colexio Compañía de María. Cada grupo o compoñen catro ou dez membros, cun preparador que é un profesor do centro. Os conxuntos que venzan na fase de zona gañarán uns vales en material cultural de 500 e 300 euros respectivamente para o primeiro e o segundo clasificado.

A iniciativa nace ao abeiro do Plan Xeral de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia e en Ferrol a promove a concellería de Normalización Lingüística. O obxectivo xeral é impulsar o uso da lingua galega cunha visión moderna, afable e útil. Na gran final de Carballo, o mellor equipo do Club de Debate obterá como premio a participación nunha viaxe multiaventura.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies