Home / Sociedad / Entidades sociales / Ferrol acollerá este sábado o acto final da campaña contra as deportacións do Foro Galego de Inmigración

Ferrol acollerá este sábado o acto final da campaña contra as deportacións do Foro Galego de Inmigración

REBECA COLLADO | Ferrol | Martes 7 xuño 2016 | 9:56

Representantes de diferentes entidades, partidos políticos e sindicatos participarán este sábado no acto final da campaña contra as deportacións, boicot a Air Europa e Globalia do Foro Galego de Inmigración. Un acto que se celebrará no Ateneo Ferrolán, ás 11:30 horas, e co que se busca facer visible o drama que sufren as persoas en situación irregular, que son deportadas ou internadas en centros de estranxeiros.

«Hai case dúas detencións cada día en Galicia» de persoas migrantes que «o único delito que cometen é estar en situación irregular», denunciou Miguel Fernández, coordenador do Foro Galego de Inmigración durante a presentación do acto este luns. Fernández criticou que estas persoas «son levadas a centros de internamento de estranxeiros e que son deportadas».

Unhas deportacións que cifran en 10.000 durante o pasado ano e que supoñen un beneficio económico de 12 millóns de euros ao grupo empresarial Globalia, no que está integrado a compañía aérea Air Europa.

Neste senso, o coordenador do Foro Galego de Inmigración remarcou que este grupo empresarial obtivo novamente a concesión deste contrato a pesares, dixo, de presentar a oferta económica máis elevada.

Encontro-Asemblea 2016

De xeito paralelo, a entidade tamén celebrará este sábado o seu encontro-asemblea 2016. O programa componse de actos reivindicativos, actuacións musicais e un xantar, entre outros. Así, ás 13:00 horas, terá lugar un acto reivíndicativo na zona do Cantón, despois dunha manifestación, para facer visible a realidade da inmigración entre a cidadanía.

O acto contará con actuacións musicais e perfomance teatral e rematará coa lectura dun manifesto. Desde o Foro convocan á cidadanía a participar nesta cita e amosar así a solidariedade con este colectivo. Despois dun xantar, pola tarde celebrarán a asemblea anual aberta á participación de calquera persoa ou colectivo.

Na presentación dos actos estiveron presentes o alcalde de Ferrol, os concelleiros Luis Victoria e Saínza Ruiz, e tamén a tenente de alcalde Beatriz Sestayo que chegou uns minutos máis tarde.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies