Home / Actualidad / Ferrol acollerá este venres a Ruada do Día da Patria Galega

Ferrol acollerá este venres a Ruada do Día da Patria Galega

Imaxe da pasada edición da ruada (foto: Fundaçom Artábria)

FERROL360 | Xoves 22 xullo 2021 | 18:38

Este venres a partir das 20.00 horas as rúas do centro de Ferrol acollerán a Ruada do Día da Patria Galega. Unha actividade convocada polo BNG, a CIG, a Fundaçom Artábria, a Plataforma Vía Galega e Semente de Trasancos.

O acto ten como finalidade comemorar o Día da Patria Galega, visibilizar a identidade e os símbolos galegos nun ambiente distendido e reivindicativo. As entidades convocantes fan fincapé no «dereito do noso país á ter plena soberanía e avanzar na construción dunha república galega».

A ruada partirá da praza do Himno Galego para percorrer as rúas do centro de Ferrol e rematar na praza de Armas. Os colectivos convidan a todas as persoas a participar na cita lucindo a bandeira galega.

Trátase da sexta ruada que se celebra na cidade naval e celebrarase seguindo as recomendacións sanitarias vixentes, coa obriga do uso de máscara e mantendo a distancia de seguridade.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies