Home / Cultura / Ferrol e Narón tenden pontes para ofrecer unha oferta cultural máis ampla

Ferrol e Narón tenden pontes para ofrecer unha oferta cultural máis ampla

REBECA COLLADO | Ferrol | Venres 16 outubro 2015 | 17:41

É hora de «estreitar lazos e colaborar» e de «non contraprogramar» porque «non deberíamos competir» entre Concellos limítrofres. Son palabras dos responsables de Cultura de Ferrol e Narón, Suso Basterrechea e Marián Ferreiro, que compareceron este venres en rolda de prensa no Concello ferrolán para anunciar que a partir de agora abren un novo camiño no eido cultural.

Despois dunha primeira xuntanza «moi produtiva»,os edís conviron que o mellor para naroneses e ferroláns era que os seus departamentos traballaran conxuntamente para poder ofrecer unha «oferta cultural o máis ampla posible», dixo Ferreiro. Ademais, esta colaboración tamén premitirá abaratar custes porque se unha compañía repite espectáculo en ambos municipios resulta máis económico.

A primeira programación na que unirán forzas as concellerías de Cultura de Ferrol e Narón será na Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil para 2016. Unha actividade dirixida aos escolares, que chegou a ser mancomunada, pero que finalmente só mantivo Narón. Como aperitivo a esta programación, representarase a finais deste mes no Pazo da Cultura e no Jofre a obra Me llamo Suleimán.

Esta cita xa estaba programada polo departamento de Cultura de Narón, que ofreceulle ao de Ferrol a posibilidade de sumarse. Así, o día 24 de outubro a representación terá lugar no Pazo da Cultura para o público en xeral e os días 26 e 27 para os institutos da localidade. A Ferrol, concretamente ao Teatro Jofre, chegará o día 28 de outubro.

A colaboración entre concellerías tamén se extenderá ao eido formativo e lonxe de competir entre escolas municipais da mesma disciplina buscarase completar e ampliar a oferta. Basterrechea explicou que Narón ten unha grande experiencia en formación cultural e Ferrol complementará esa oferta formativa cubrindo aqueles campos que estean baleiros ou que se podan reforzar.

O concelleiro de Cultura abordará esas posibilidades formativas nunha asemblea cos axentes culturais da cidade programada para finais de mes. Ademais, en vindeiros días Basterrechea manterá encontros cos concelleiros de Cultura e Educación de Coruña para abrir vías de colaboración nos distintos ámbitos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies