FERROL360 | Mércores 1 abril 2015 | 18:38
Apostar pola modernidade, por sacar a cultura á rúa, crear unha rede entre os axentes culturais da cidade e apoiar a creación con axudas materiais, de espazo traballo e difusión, son as liñas maestras da política cultural de Ferrol en Común.
A candidatura cidadá composta IU, Anova e inscritos de Podemos, entende a cultura como parte fundamental da rexeneración urbana, económica e social da cidade. Por iso considera «prioritario» articular redes entre os distintos axentes culturais para traballar conxuntamente implicando aos centros escolares, ao asociacionismo social e ás pequenas empresas do sector.
Deste xeito, se poden articular estratexias eficaces coas que aproveitar os recursos públicos, que «deben xestionarse sempre de xeito transparente e consensuado», indican desde Ferrol en Común nun comunicado.
Continúan advertindo que «a nosa cidade non pode permitirse perder talento polo desprezo ou desleixo do goberno local» e que «Ferrol necesita de imaxinación e de creatividade». Tamén apuntan que hai que apostar pola modernidade para dotar ás nosas tradición de nova vitalidade e atractivo cara ao futuro.
«A cultura non pode encerrarse en espazos que resultan alleos a gran parte dos nosos veciños», afirman desde Ferrol en Común e por iso comprométense a sacar o mundo da creación á rúa. Anuncian ademais, que impulsarán un cambio radical na política cultural de Ferrol, que «aparece hoxe máis que nunca improvisada, caprichosa, falta de calidade artística e sectaria».
No entiendo como no está en la foto Cesar Manso y Alexander Carrodeaguas