Home / Cultura / Ferrol festexa a Carvalho Calero e pide que as súas Letras Galegas continúen en 2021

Ferrol festexa a Carvalho Calero e pide que as súas Letras Galegas continúen en 2021

O alcalde, Ángel Mato, encargouse de presidir o acto (foto: Concello de Ferrol)

FERROL360 | Domingo 17 maio 2020 | 14:50

As limitacións polo proceso de desescalada marcaron o sobrio e breve acto que o Concello de Ferrol celebrou este domingo polo Día das Letras Galegas, que rende homenaxe ao ferrolán Ricardo Carvalho Calero. O alcalde, Ángel Mato, encargouse de presidir na praza de Armas unha cita á que asistiron edís de todos os partidos políticos da cidade.

Ao mesmo tempo, estivo unha sobriña do intelectual, Montserrat Blanco. O consistorio despregou dende a súa fachada unha gran imaxe do autor de Ferrol Vello. Posteriormente, o rexedor confirmaba que o Concello súmase á petición social para que as Letras Galegas do 2021 estean adicadas de novo ao abandeirado do reintegracionismo.

Así, pedía a súa vinculación no vindeiro ano «ao noso máis grande lingüista», como acordaron esta mesma semana os voceiros do Concello. A distancia de seguridade marcou o desenvolvemento do evento para os participantes na nova praza, onde un cuarteto do Real Coro Toxos e Froles interpretou el Himno de Galicia.

As distancias de seguridade marcaron o acto (foto: Concello de Ferrol)

Mato estimou que Carvalho Calero «é un orgullo para Ferrol porque transcende á nosa cidade». Igualmente, gabou o seu afán por tender «unha necesaria ponte sobre o Miño» como mostra «da riqueza dunha sociedade plural». O alcalde tamén fixo referencia aos seus estudos de Gramática e Literatura como alicerces do «galego moderno».

Ao lembrar que a «cultura e sociedade ferrolás levan moito tempo traballando» por este evento, admitía que as «circunstancias difíciles deste momento obrigan agora a que non poidamos festexalo» como sería desexable. Con todo, apelou ao «mesmo sentimento» e á necesidade de que este «pequeno acto debe ser só un limiar».

Por iso, o rexidor uníase á solicitud á Real Academia Galega para que o «Día das Letras do 2021 estea tamén adicado a don Ricardo». Finalmente, amosou o desexo de que o vindeiro ano estean en Ferrol as súas fillas Margarita e María Victoria, coas que falou esta semana e que non puideron desprazarse ao acto.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies