Home / Cultura / Ferrol lembra xunto ao Toxos e Froles os cen anos da Irmandade da Fala da cidade

Ferrol lembra xunto ao Toxos e Froles os cen anos da Irmandade da Fala da cidade

FERROL360 | Domingo 23 abril 2017 | 12:30

O 15 de abril de 1917 comezou a andaina oficial da Irmandade da Fala ferrolá na rúa Real 27, daquela local da rondalla Airiños d’a Miña Terra. O Concello de Ferrol e o Real Coro Toxos e Froles celebraron este sábado a efeméride descubrindo unha placa conmemorativa nese mesmo lugar, que na actualidade conta cun número distinto, o 65.

O coro decano, impulsor tanto das Irmandades da Fala en toda Galicia como na cidade de Ferrol, participou entoando a Foliada de Ribadeo e o Himno Galego, pero tamén facendo unha lectura dramatizada, a través dos coristas Eliseo Zaera e Pipo Arribe, de Mal de moitos, unha peza teatral que subiron ás táboas hai un século dous dos seus fundadores, Charlón e Hermida.

O alcalde ferrolán, Jorge Suárez, destacou que «defender a lingua é un acto de valentía», lembrando a aqueles homes e mulleres unidos polo amor á terra que decidiron, a través das artes e a intelectualidade, espallar e pór en valor a lingua galega.

O presidente do coro, Arturo Lamas, e o rexedor descubrindo a placa no 65 da rúa Real (foto: Concello de Ferrol)

O presidente do coro, Arturo Lamas, e o rexedor descubrindo a placa no 65 da rúa Real (foto: Concello de Ferrol)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies