Home / Ferrol / Ferrol / Ferrol presume de oferta turística nunha nova guía

Ferrol presume de oferta turística nunha nova guía

Imagen de la ría de Ferrol y el castillo de San Felipe este martes (foto: Mero Barral / 13fotos para Ferrol360)
Imagen de la ría de Ferrol y el castillo de San Felipe (foto: Mero Barral / 13fotos para Ferrol360)

FERROL360 | Domingo 25 xullo 2021 | 17:32

O Concello de Ferrol, a través da Sociedade Mixta de Turismo, editou unha nova guía turística que recolle a oferta cultural, deportiva e de ocio prevista para este verán na cidade. O folleto recopila horarios, contactos e descrición da oferta en galego, castelán e inglés.

Nela pódese atopar toda a información das rutas guiadas por Ferrol como a Modernista teatralizada, a das Meninas de Canido, do Arsenal, o Pazo de Capitanía, o Cuartel de Dolores, o estaleiro e do Castelo de San Felipe.

Tamén se recollen indicacións sobre os diferentes museos: o Naval, Exponav e o Museo de Historia Natural. A nova guía inclúe información sobre os paseos pola ría e das actividades de turismo activo, que inclúen vela, surf e bicicleta de montaña.

As guías xa están dispoñibles en dúas oficinas de turismo de Ferrol, a da Praza de España e a do Peregrino no porto de Curuxeiras, así como nos puntos de información do resto de concellos da comarca. Tamén pode consultarse neste enlace.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies