Home / Cultura / Cine / Ferrol promove a creación artística de cineastas galegas co encontro ‘Cima en Curta’

Ferrol promove a creación artística de cineastas galegas co encontro ‘Cima en Curta’

Imagen de archivo del DUPLEX Cinema en Esteiro (foto: Mero Barral / Ferrol360)

FERROL360 | Domingo 25 xullo 2021 | 14:53

O Concello de Ferrol quere promover a creación artística de mulleres cineastas galegas coa celebración do ciclo de cine Cima en Curta. Trátase dunha iniciativa en colaboración coa Asociación de mulleres cineastas e de medios audiovisuais e os Cines Dúplex, onde terá lugar a sesión o vindeiro venres.

Proxectaranse cinco curtametraxes e a continuación se celebrará un debate co público e as autoras. As entradas, de balde, repartiranse desde o mércores 28 de xullo no despacho de billetes do Cine Dúplex ata completar o aforo establecido pola situación epidemiolóxica do momento. A cita comezará ás 19.45 horas.

O concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, explicou que o obxectivo da iniciativa é «dar a coñecer os traballos realizados por mulleres cineastas», así como «promover o debate sobre a creación cinematográfica das mulleres no contexto particular de Galicia co fin de apoiar a súa presenza na industria audiovisual».

As curtametraxes que se proxectarán son as seguintes: Muller Personaxe, de Lucía Estévez; Dores, de Coral Piñeiro; Xoves de comadres, de Noemí Chantada; Carne, de Camila Kater e Chelo Loureiro como
produtora e Terceira oportunidade, de Xudit Casas.

No coloquio que se celebrará a continuación das proxeccións participarán as autoras e as moderadoras Patricia de Luna, de Cima en Curta, e Elena García Román, de Cima Galicia.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies