Home / Sociedad / Educación / Ferrol súmase ao Club de Debate para estudantes de ESO e Bacharelato

Ferrol súmase ao Club de Debate para estudantes de ESO e Bacharelato

FERROL360 | Domingo 16 noviembre 2014 | 18:19

Chega a Ferrol unha nova edición do Club de Debate, da man da concellería de Normalización Lingüística. A actividade pretende favorecer o uso oral da lingua galega entre a mocidade tanto en contextos formais como informais, e nela poden participar estudantes de ESO e de Bacharelato. O Concello de Ferrol organiza esta actividade xunto coas localidades de Ames, Carballo, O Carballiño, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo.

Os centros educativos ferroláns que queiran participar poderán comunicalo ao Concello a través do correo electrónico gnl@ferrol.es, ou tamén chamando ao teléfono 981 944 014. O prazo remata o vindeiro 28 de novembro. Poden apuntar os grupos que queran, sempre que teñan entre catro e dez membros, estudantes de 3º y 4º de ESO, 1º de Bacharelato ou ciclos formativos.

Os contidos que se traballan teñen que ver principalmente coas actividades comunicativas e a oratoria, así como a documentación sobre os temas dos debates. Os participantes teñen que defender, por quendas, a posición favorable e contraria sobre o tema proposto. Preténdese fomentar a práctica do pensamento crítico, a tolerancia fronte á diversidade de opinión así como o traballo en equipo

O certame se desenvolverá como un torneo por equipos en fases locais -realizaráse a finais de febrero ou principios de marzo- e logo galega -o 25 de abril de 2015-. O primeiro e o segundo clasificado das fases locales levaránse 500 e 300 euros, respectivamente, e o conxunto ganador da comunidade poderá disfrutar dunha actividade multiaventura de fin de semana nun espazo de interese natural e cultural de Galicia.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies