Home / Ferrol / Cedeira / Festa rachada en Cedeira co Festival de Habaneras e música na rúa

Festa rachada en Cedeira co Festival de Habaneras e música na rúa

FERROL360 | Sábado 20 xullo 2019 | 13:11

A música e a festa xúntanse esta fin de semana en Cedeira coa celebración do Festival do verán organizado pola Rondalla de Cedeira. Así, a partir das 20:00 horas deste sábado terá lugar na praza Floreal, a Gran Foliada. A organización na que participa o Concello e a Asociación Cultural Buxainas ten preparada música, comida e bebida.

A iniciativa parte da Asociación de Acordeóns de Cedeira que ten como obxectivo recadar cartos para financiar a participación da agrupación local de acordeóns nun certame que terá lugar en outono en Praga.

Coa intención de animar a presenza de público e a súa implicación no proxecto, os responsables da entidade poñerán á venda liscos, chourizos, empanada e cervexas.

Ao día seguinte, o domingo 21, a música e a festa cambian de lugar e traslandase ao auditorio municipal coa celebración do Festival de Habaneras promovido pola Coral Virxe do Mar.

O inicio terá lugar ás 20:00 horas e ten como obxectivo celebrar o 21 aniversario dunha agrupación da que forman parte un total de 32 afeccionados á música coral.

Ademais, tamén actuarán as corais Alborada de Cabral e a Polifónica da Magdalena de Ferrol. O festival dará lugar á interpretación de cinco cancións por cada unha das formacións musicais que, no caso de coral local, serán Eu de Marín ausenteime, En un lago, Foliada de Cedeira, La vieja Habana e Non sei.

Música na rúa

A música ten doble protagonismo este domingo 21 en Cedeira ao coincidir co programa cultural Música na rúa, que terá unha nova cita.

Nesta ocasión, a praza do Concello acollerá a actuación do grupo As Aturuxeiras, que comezará ás 13:00 horas. Música na rúa dará lugar a tres convocatorias máis os vindeiros días 25 e 27 de xullo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies