Home / Eume / As Pontes / Fin de festa en As Pontes por todo o alto

Fin de festa en As Pontes por todo o alto

FERROL360 | Domingo 26 xullo 2015 | 12:23

Que os ponteses son uns festeiros non é ningún segredo. E é que quen pode aturar case dúas semanas seguidas de festexos e o derradeiro día dalo todo e máis no fin de festa? A romaría da Fraga congregou este sábado a preto de 50.000 persoas para gozar dunha xornada de música, baile, viño e bo roio coa que poñer o broche de ouro ás Festas das Pontes.

Tal e como marca a tradición, os romeiros construíron ao longo destes días as súas cabañas á beira do río. Cálculase que este ano fixéronse unhas 200 casetas construídas todas con elementos naturais. A sesión vermú coa orquestra Cinema, as merendas e o viño foron o anticipo dun día longo e cheo de festa que ninguén se quixo perder.

Xa pola tarde, subíronse ao escenario Trópico de Grelos e A Requinta da Laxeira. O prato forte da noite estivo adicado aos vellos rockeiros coa actuación do grupo Medina Azahara, que non deixou pasar a ocasión de tocar o dos seus grandes éxitos Necesito respirar.

A verbena estivo amenizada pola orquestra Cinema e BenitoKamelas, que foron os encargados de despedir esta romaría da Fraga e as festas das Pontes.

Momento da actuación da orquestra Cinema durante a sesión vermú (cedida)

Momento da actuación da orquestra Cinema durante a sesión vermú (cedida)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies