Home / Eume / As Pontes / Finaliza a rolda de consultas para poñer en marcha o plan reitor do Parque Natural das Fragas do Eume

Finaliza a rolda de consultas para poñer en marcha o plan reitor do Parque Natural das Fragas do Eume

FERROL360 | Domingo 23 novembro 2014 | 19:52

Esta semana rematou a rolda de contatos cos que a Xunta de Galicia pretende coñecer a opinión dos colectivos implicados no Parque Natural das Fragas do Eume e poder plasmala no Plan Reitor do mesmo. E é que desde o Goberno galego apuntan que o obxectivo principal é a colaboración, co fin de definir de xeito conxunto un documento que acadase o máximo consenso.

A última destas xuntanzas produciuse con distintos colectivos, entre eles con Santiago Vázquez, representante da Federación Ecoloxista Galega; con María Pita Balsa e Ángeles Pita Balsa, da Asociación de propietarios “Desarrollo y naturaleza”; e con Rodolfo Barreiro, profesor da Universidade da Coruña, todos eles representante na Xunta Consultiva.

Nesta última xuntanza abordaron a necesidade de estudar fórmulas que blinden e permitan compatibilizar a conservación no medio natural coas oportunidade económicas, sociais e culturais que ofrece esta zona de Galicia.

A directora xeral insistiu en que a Xunta de Galicia pretende potenciar esta área como destino turístico e preservar a súa riqueza natural, o que fai necesaria unha eficiente colaboración entre os distintos axentes da zona, co fin de aproveitar as potencialidades como destino cunha importante riqueza natural.

Obxectivos do Plan

O plan reitor será un documento que integre as necesidades de conservación e restauración cos aproveitamentos tradicionais, cuxo mantemento é fundamental para garantir o desenvolvemento das comunidades que viven neste territorio.

Nese sentido, determinase unha zonificación do territorio comprendido polo espazo natural, a partir da cal se definen as diferentes medidas de xestión que condicionen os usos, aproveitamentos e actuacións en cada unha delas; e unha regulación de usos e actividades, co fin de garantir os obxectivos de conservación da Rede Natura 2000.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies