Home / Ortegal / Cerdido / Gastronomía, música, contacontos e agasallo de libros para celebrar o Día das Letras Galegas

Gastronomía, música, contacontos e agasallo de libros para celebrar o Día das Letras Galegas

FERROL360 | Luns 16 maio 2016 | 18:01

Este martes 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Manuel María, con múltiples e variadas actividades. Así, en diferentes puntos da comarca haberá actuacións musicais, festa infantil, contacontos e gastronomía para conmemorar esta data.

Como moitos trasládanse a Compostela a festexar o 17 de maio, a Fundaçom Artábria adianta para este luns a celebración do día da lingua galega cunha grellada a prezos populares e actuación do cantor ferrolán Manolo Bacalhau, a partires das 19:30 horas, no local da entidade.

Xa o martes, a Sociedade Cultural Areosa organiza unha variada programación no seu local. Haberá unha actuación da Coral da entidade, agasallo de libros para os nenos e fin de festa cunha grande queimada para brindar pola nosa lingua. Tamén estará aberta a exposición de bolillos, manualidades e costura dos talleres deste curso.

O Concello de Ferrol desenvolverá as actividades socioculturais conmemorativas do Día das Letras Galegas na praza de Rosalía, no barrio de San Xoán. Principiarán ás 12:00 horas cun concerto a cargo do cantautor, Xoán Eiriz., coroado pola actuación do Real Coro de Toxos e Froles.

A partires das 18:00 horas haberá unha festa infantil co pallaso Peter Punk e para finalizar a xornada festiva música de Orquesta da Balbina. Haberá carpa e cadeiras para gozar da xornada tranquilamente.

Mentres, en Cerdido centran a súa actividade nos máis pequenos e suman a conmemoración do Día das Letras Galegas á campaña de sensibilización na loita contra a vespa velutina. Así, este mércores os rapaces do municipio participarán nun contacontos sobre a vespa velutina.

Tralo contacontos, aprenderán a realizar trampas e cada neno poderá realizar unha que levará para a súa casa, colaborando así no programa de vixilancia e control fronte a vespa asiática. Ademais, os pequenos recibirán un libro en galego.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies