Home / Cultura / O Grelo Folc de Monfero xunta a Os Viqueiras, Habelas Hainas, Radio Océano e John Deeres

O Grelo Folc de Monfero xunta a Os Viqueiras, Habelas Hainas, Radio Océano e John Deeres

FERROL360 | Domingo 15 outubro 2017 | 13:05

Nova edición do Grelo Folc, que o vindeiro sábado levará música e propostas de lecer á contorna do mosteiro de Monfero. As actividades comezarán ás 14:00 horas coa sesión vermú e un xantar popular co Trío Motobomba. Para participar nesta última cita, que custa 12 euros, haberá que anotarse no correo oabordelo@gmail.com ou no teléfono 679251163.

Xa pola tarde, a Nabiciña ofrecerá xogos a cargo de Eira Xandobeleira e un concerto dos Quenindiole. O momento máis musical da xornada chegará cos concertos, dende as 22:00 horas, de Os Viqueiras, Habelas Hainas, Radio Océano e John Deeres. O evento, organizado pola asociación O Abordelo, conta coa colaboración de Deputación da Coruña e Concello de Monfero.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies