Home / Cultura / Grupos de Italia, Perú, Eslovaquia e Uruguay participarán no Festival Internacional de Folclore de Narón

Grupos de Italia, Perú, Eslovaquia e Uruguay participarán no Festival Internacional de Folclore de Narón

A Corporación artística Soy del Perú participará no Festival (foto: Padroado da Cultura)
A Corporación artística Soy del Perú participará no Festival (foto: Padroado da Cultura)

FERROL360 | Xoves 18 xullo 2019 | 9:22

A vixésimo novena edición do Festival Internacional de Folclore de Narón celebrarase este sábado no Pazo da Cultura coa participación de formacións de Galicia, Italia, Perú, Eslovaquia e Uruguay. Este tradicional evento, organizado polo Concello a través do Padroado da Cultura, dará comezo ás 21.00 horas.

As persoas interesadas en asistir poden adquirir as entradas, a un prezo de dous euros, na billeteira do Pazo da Cultura, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas. O alcalde accidental e concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, animou ás veciñas e veciños a acudir tanto ao festival da noite como a algunha das tres actuacións que pola mañá, a partir das doce, se programaron nas prazas da Constitución, da Gándara e do colexio de Xuvia, estas últimas abertas á cidadanía en xeral.

O Festival Internacional de Folclore de Narón contará coa presencia este ano da Banda de Gaitas do Padroado e do Grupo de Baile Tradicional Alxibeira, tamén do Padroado da Cultura; a Asociación Ri Ualanegli, de Italia; o conxunto folclórico Kincso, de Eslovaquia; a Corporación artística Soy del Perú, de Perú e o Ballet folclórico Aborigen, de Uruguay.

En canto ás actuacións matinais convocadas para a mesma xornada, a partir das 12.00 horas, terán lugar na Praza da Constitución, na Solaina, onde actuarán a Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón e o Ballet Folclórico Aborigen, de Uruguay; na Praza da Gándara poderase ver ao conxunto folclórico Kincso, de Eslovaquia, e á compañía artística Soy del Perú, de Perú, e na Praza do colexio de Xuvia ao grupo de Baile tradicional Alxibeira, do Padroado da Cultura e aos integrantes da asociación Ri Ualanegli, de Italia.

«O Pazo da Cultura de Narón e tres prazas da cidade acollerán este sábado as actuacións tanto da Banda de Gaitas do Padroado e do grupo Alxibeira como das catro formacións convidadas a esta nova edición do Festival Internacional de Folclore, que representa unha excelente oportunidade para gozar do folclore internacional e tamén do traballo que realizamos en Narón nesa área», salientou Sánchez Fojo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies