FERROL360 | Sábado 6 setembro 2014 | 18:51
Un ano máis, e cando se cumpren nove do seu pasamento, o BNG de Fene rende homenaxe ao seu compañeiro Pancho Allegue. Allegue foi concelleiro na localidade durante os anos de goberno nacionalista, destacado sindicalista e creador das escolas obradoiro para a formación de mozos e mozas e o fomento do emprego.
Ao pé do monumento á súa memoria no Parque Castelao, este domingo 7 de setembro a partir das 12:00 horas terá lugar un acto aberto a toda a sociedade no que intervirá a ex concelleira Alicia Martínez, compañeira do homenaxeado durante varias lexislaturas. Tamén falará o actual voceiro do BNG no Concello, Juventino Trigo.