Home / Ferrol / Cedeira / Homenaxe aos cedeireses represaliados con charlas, documental e unha exposición

Homenaxe aos cedeireses represaliados con charlas, documental e unha exposición

FERROL360 | Martes 12 abril 2016 | 19:31

A asociación cultural Memoria Histórica Democrática de Ferrol, en colaboración co Concello de Cedeira e os grupos Anova, BNG, Esquerda Unida, Podemos e PSOE, organiza un programa de actos que servirán de homenaxe aos cedeireses represaliados nos meses de abril e maio.

As xornadas teñen por obxecto coñecer a represión franquista durante a guerra civil e a ditadura desde o a perspectiva da investigación histórica e ofrecer datos sobre as persoas que sufriron algún tipo de persecución por mor da súa ideoloxía ou o seu apoio á República.

O programa de actos comezará este venres, ás 19:30 horas no Auditorio Municipal, coa lectura dun manifesto pola recuperación de memoria histórica. Haberá unha intervención de familiares directos dos represaliados e proxectarase o documental O segredo da Frouxeira.

A continuación, haberá unha charla-coloquio na que participarán Enrique Barrera, escritor, historiador e membro da asociación Memoria Histórica, Paulino Gasalla, descendente do derradeiro alcalde republicano de Serantes, Alejandro Porto, impulsor da investigación narrada no documental e Xosé Abad, director da cinta.

Ofrenda floral e charla-coloquio

Xa o día 17 de abril na praza da Constitución haberá unha ofrenda floral. Servirá como homenaxe aos cedeireses que sufriron a persecución do franquismo e aos antifranquistas presos no campo de concentración que se atopaba nas antigas fábricas de conservas de Cedeira.

No IES Punta Candieira proxectarase o documental A pegada dos avós, outra película de Xosé Abad que narra a investigación emprendida por un grupo de rapaces adolescentes para coñecer a historia do golpe franquista e as súas consecuencias. Será o 28 de abril.

Tras a proxección, Xosé Abad, Enrique Barrera, Aitana Tubío e Amada Toimil participarán nunha charla coloquio. O mesmo documental poderá verse na sala Áncora ás 19:30 en sesión aberta para todo o público.

Exposición

Do 22 de maio ao 5 de xuño estará aberta na sala de exposicións do Palacete da vila unha mostra de paneis con documentos en distintos formatos sobre o tema «Galegos en Mathaussen». Xa por último, o 28 de maio ás 19:30 horas no mesmo escenario, proxectarase e escenificarse Ao solpor na praza do Peixe, de Antón Labraña.

A continuación, Enrique Barrera pechará os actos cunha conferencia en torno ao tema da exposición, sobre o que ten un libro do mesmo nome.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies