Home / Cultura / Homenaxes ao profesor Carvalho Calero no cabodano do seu pasamento

Homenaxes ao profesor Carvalho Calero no cabodano do seu pasamento

Flores na tumba compostelá de Carvalho Calero (foto: Concello de Ferrol)
Flores na tumba compostelá de Carvalho Calero (foto: Concello de Ferrol)

FERROL360 | Luns 25 marzo 2019 | 21:15

A Fundaçom Artábria cumpriu un ano máis con Carvalho Calero celebrando este domingo unha homenaxe na pouca estrutura que queda en pé da casa natal do profesor en Ferrol Vello.

Unha xornada chea de lembranza, mais tamén de reivindicación non só dunha figura imprescindíbel na nosa cultura, senón tamén do patrimonio que está en mans do Concello desde hai anos e ningún goberno parece disposto a conservar:

Así mesmo, desde o Concello cumpriron coa ofrenda floral no camposanto de Boisaca, en Compostela, onde está a tumba de Carvalho, que morría un 25 de marzo de 1990.

Aproveitaban desde o Goberno para lembrar que «é unha demanda unánime, antiga e reiterada do Concello de Ferrol e da propia Mancomunidade, á Real Academia Galega para que recoñeza a figura e o inmenso legado de Carvalho Calero, como profesor, filólogo, político, historiador e autor de poesía, prosa, ensaio e obras teatrais, entre outras disciplinas nas que destacou, adicándolle o 17 de Maio, Día das Letras Galegas».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies