Home / Eume / As Pontes / Inician unha petición en Change.org para rehabilitar a Ponte dos Ferros

Inician unha petición en Change.org para rehabilitar a Ponte dos Ferros

FERROL360 | Martes 28 maio 2019 | 18:00

José Miguel Varela Lamigueiro, un veciño de As Pontes, iniciou unha petición en Change.org para reclamar a rehabilitación da ponte dos Ferros, tamén coñecida como ponte de García Rodríguez. Unha infraestutura que cruza o río Eume ao final da Rúa Real, no casco histórico.

Con esta iniciativa buscan que a Xunta e o Concello presten atención ao monumento histórico máis importante de As Pontes, segundo indica Varela Lamigueiro. «A historia do Concello non se pode contemplar sen esta ponte do século XV que deu orixe á actual vila de As Pontes, a carón da cal medrou e é a razón principal de que exista hoxe en día», defende a petición.

Segundo o impulsor da proposta a obra arquitectónica está «nun estado lamentable, a vexetación a rodea por todas partes, ademais de sufrir o tráfico diario que circula sobre o monumento e afecta a estructura da ponte». Así, pide a peaonalización da ponte, así como un diagnóstico da estrutura por parte de expertos e unha restauración integral.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies