Home / Actualidad / Iniciativa Cidadá de Mugardos impulsará unha investigación sobre o cobro de retribucións municipais

Iniciativa Cidadá de Mugardos impulsará unha investigación sobre o cobro de retribucións municipais

FERROL360 | Jueves 13 agosto 2015 | 8:31

Iniciativa Cidadá de Mugardos impulsará unha investigación perante as sospeitas de que o Regulamento Orgánico Municipal (ROM) sobre as retribucións dos membros da Corporación, aprobado o día 22 de abril de 2013, podería ser irregular no seu artigo 93 que da dereito a tódolos grupos da oposición a cobrar unha adicación exclusiva ou parcial.

Nas diversas reunións da Xunta de Voceiros ICM deixou clara a súa postura de non compartir esta normativa, razón pola cal se abstivo na votación e tampouco presentou proposta algunha en materia de retribucións: «Calquera proposta presentada por Iniciativa desbordaría os límites do ROM, xa que a nosa visión da política está moi afastada do concepto de «políticos a soldo» imperante na actualidade, e absolutamente respaldado por normativas como esta», sinalan.

Os tres concelleiros de ICM renunciaron á adicación parcial amparada por esta norma, así como a calquera cargo de representación en órganos colexiados. Segundo afirman, isto último foi empregado como moeda de cambio polo actual alcalde do PP nos primeiros contactos con ICM para tentar un acordo en materia de retribucións: «Un carguiño de representación, que dá dereito a acceder a unha adicación parcial, a cambio dunha postura «amable» cara ao goberno en minoría do PP», escriben no seu comunicado de prensa.

Destacan que «o que inaugurou o cobro de salarios de concelleiros da oposión» foi Juan Domingo de Deus, actual alcalde do PP, aceptando «encantado», segundo ICM, o ofrecemento do anterior alcalde, Fernández Barcia, para cobrar un soldo na oposición mentres mantivese un posicionamento amigable cara ó goberno, entón en minoría do BNG.

Este ofrecemento foi rexeitado, sinalan, no seu momento polo edil do PSOE Juan Fernández -partido maioritario na oposición naquel momento-, «que se negou a entrar no xogo».

Dende ICM tamén celebran que Esquerda Unida cambiase de postura e manifestase que vai consultar a legalidade do acordo plenario: «Nunca é tarde, e desde ICM estamos moi satisfeitos de que os datos achegados no Pleno servisen para abrir os ollos», rematan.

infografia_dedicacions_2

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies