Home / Actualidad / Iniciativa pola Unión celebrará a súas eleccións primarias este domingo en Ferrol

Iniciativa pola Unión celebrará a súas eleccións primarias este domingo en Ferrol

FERROL360 | Sábado 7 novembro 2015 | 17:30

A plataforma Iniciativa pola Unión celebrará este domingo as eleccións primarias para decidir as listas coas que concurrirán ás eleccións do 20 de decembro baixo o nome de «Nós Candidatura Galega».

En Ferrol, as votacións terán lugar entre as 11:00 e as 15:00 horas, na antiga capela do centro cultural Torrente Ballester. Na comarca tamén haberá mesas electorais noutras vilas como Narón, Fene, Pontedeume, Ares, San Sadurniño, Moeche, As Pontes, Neda e Mugardos.

Deste proceso sairán as persoas que formarán parte das candidaturas ao Congreso e ao Senado de «Nós Candidatura Galega». Unha candidatura na que participan persoas de xeito individual e organizacións como o Bloque Nacionalista Galego, o Partido Galeguista, Coalición Galega, a Fronte Obreira Galega ou o Partido Comunista do Pobo Galego.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies