FERROL360 | Martes 21 abril 2015 | 18:35
O candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol, Iván Rivas, aposta por convertir o Val de Doniños nun referente da agricultura ecolóxica. Un proxecto co que se crearía emprego mediante a colaboración e participación de coperativas e agrupacións no mesmo, asegurou Rivas.
O nacionalista deu conta da súa proposta nunha visita aos hortos urbanos de Canido e explicou que o proxecto ten dúas fases. A primeira consistiría na posta en marcha de hortos para o cultivo, a disposición dos veciños, nunha parcela en desuso e xestionada polo Concello.
A segunda fase xa se levaría a cabo en espazos máis grandes, como pode ser o val de Doniños, co obxectivo de potenciar un negocio emerxente como é a agricultura ecolóxica ao mesmo tempo que fomentar un consumo de alimentos alternativo e responsable.
Así, Rivas propón establecer acordos cos propietarios de terreos que estean abandonados, mediante exencións no pago de impostos ou mediante acordos puntuais, para aqueles que estiveran dispostos a permitir a xestion municipal desas parcelas para poñelos a disposición desta iniciativa de agricultura ecolóxica.
Últimos comentarios