Home / Deportes / Janire González e Adur Amatriain, campións do Gadis Junior Pro Ferrol 2021

Janire González e Adur Amatriain, campións do Gadis Junior Pro Ferrol 2021

Podio da categoría feminina (foto: Classic Surf Pro)

FERROL360 | Domingo 25 xullo 2021 | 13:11

Janire González Etxabarri e Adur Amatriain alzáronse este sábado coa vitoria da primeira edición do Gadis Junior Pro Ferrol 2021, evento da Junior Qualifying Series da World Surf League (WSL). González acadou o primeiro posto cunha puntuación total de 12,06, mentres que Amatriain rematou cun total de 15,17 puntos.

A final na categoría feminina disputouse entre a vasca Janire González Etxabarri, a canaria Lucía Machado, a portuguesa Francisca Veselko e a francesa Hina-Maria Conradi. A surfista vasca impúxose na final e asegurou que con esta vitoria cumpriu o seu obxectivo, xa que esta proba é fundamental para optar ao título europeo.

Francisca Veselko rematou na segunda posición con 9,87 puntos totais; seguida de Lucía Machado, que rematou na terceira posición con 9,20 puntos e na cuarta posición Hina-Maria Conradi con 9,13 puntos acumulados.

Na categoría masculina, a vitoria disputouse entre o vasco Adur Amatriain, o francés Kytann Foret e Sam Piter, e o portugués Joaquim Chávez. Adur Amatriain acadou 8,50 puntos sobre 10 nunha gran onda, o mellor do día na súa categoría.

O segundo posto foi para Joaquim Chávez con 13,07 puntos en total, seguido de Sam Piter e Kytann Foret, con 8,26 e 6,50 puntos acumulados e o terceiro e cuarto posto respectivamente.

Janire González Etxabarri tamén gañou o premio Cabreiroá Mellor Onda, xa que obtivo a mellor onda da súa categoría na proba con 8,67 puntos sobre 10. Pola súa banda, na categoría masculina este premio foi para o francés Sam Piter, que obtivo un incrible 9,07 sobre 10 puntos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies