Home / Cultura / Cine / Javier Gutiérrez recibirá o premio Imaxe da Mostra Cinema e Sociedade, que xirará en torno á discapacidade

Javier Gutiérrez recibirá o premio Imaxe da Mostra Cinema e Sociedade, que xirará en torno á discapacidade

FERROL360 | Domingo 8 novembro 2015 | 17:35

O Concello de Ferrol adicará o premio Imaxe ao actor Javier Gutiérrez e o premio Acción Social ó grupo Diversidade Funcional na Mostra Cinema e Sociedade, que arranca este luns 9 e péchase o xoves 12. A discapacidade é o eixo temático desta edición, organizada pola Asociación Cultural CONXEITO e respaldada polo Concello de Ferrol.

A programación componse de sesións de vídeo-debate, que propoñen unha reflexión pausada en torno a unha das problemáticas que temos mais preto, como vivilas e afrontalas coa participación de profesionais e colectivos que se moven arredor das mesmas como Teima, Afaes, Aspaneps, Aspanes, Area Saúde Mental Ferrol e Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol.

A Mostra Cinema e Sociedade quere premiar, nesta edición do 2015, ao actor Javier Gutiérrez, que recibirá o premio Imaxe pola súa implicación social, e a Asociación Grupo Diversidade Funcional de Ferrol, que recibirá o premio Acción Social.

O premio consistirá nunha escultura de bronze de Manuel Patinha, e Gutierrez recibirá a súa o luns 9 no salón de actos do campus de Ferrol, ás 10:00 horas, mentres que o premio Acción Social se entregará o xoves 12 ás 18:00 horas no Carvalho Calero, durante a clausura da mostra.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies