Home / Cultura / Jorge Llorca Freire recibirá este sábado o Premio de Novela Longa Blanco Amor

Jorge Llorca Freire recibirá este sábado o Premio de Novela Longa Blanco Amor

FERROL360 | Martes 29 outubro 2013 | 17:34

O violín de Rembrandt é o título da obra que converteu ao escritor ferrolán Jorge Llorca Freire en gañador da trixésimo primeira edición do Premio de Novela Longa Blanco Amor. O acto de entrega deste galardón, que inclúe un premio en metálico de 12.020 euros, terá lugar este sábado no teatro Jofre.

A gala, que dará comezo ás 20:30 horas, será presidida polo alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela. Tamén asistirá o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo.

A cerimonia estará aberta a tódolos públicos e os interesados poderán recoller a súa entrada gratuíta, ata o mesmo día do acto ou ata completar o aforo, no despacho do teatro municipal.

Na obra gañadora prima o humor cun ton áxil, fresco e irreverente que reflicte ambientes sociais de pequenas cidades, nas que o contraste entre o global e o local se ve neutralizado con personaxes cotiás.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies