Home / Actualidad / Jorquera di que os orzamentos da Xunta son «un auténtico insulto para esta comarca»

Jorquera di que os orzamentos da Xunta son «un auténtico insulto para esta comarca»

REBECA COLLADO | Ferrol | Jueves 29 octubre 2015 | 18:06

O voceiro do BNG no Parlamento de Galicia, Francisco Jorquera, asegurou que os orzamentos da Xunta de Galicia para 2016 son «un auténtico insulto para esta comarca» porque un documento que debería aportar solucións a unha zona con tantas necesidades «reflexa a incapacidade da Xunta para propoñerlle un futuro a Ferrol».

Jorquera fixo balance este xoves das contas do goberno de Núñez Feijóo para Ferrolterra e dixo que que a pesares de que os populares aseguren que estes orzamentos son expansivos, a verdade é que as partidas para a comarca de Ferrolterra sufriron un recorte do 50 % con respecto a 2015. O voceiro do Bloque non se explica a ausencia nestas contas do dique, a VAC, e o pulo polo emprego.

Despois de que o PP «enganase» aos ferroláns consignando partidas de ata 5 millóns de euros para a construción do dique flotante «agora non pode disimular e hai 0 euros» para esa infraestrutura, denuncia Jorquera. Tamén se pregunta o nacionalista onde quedaron as promesas co sector naval para facer un plan estratéxico, o centro de reparacións ou a operativización de Fene.

Tamén bota en falta Jorquera unha aposta polo emprego na comarca máis castigada polo paro. Pero é que ademais, o nacionalista denunciou, que só 1 de cada 4 euros das partidas consignadas para a comarca o pasado ano executáronse.

Valoración desde a comarca

A responsable comarcal do BNG, Mercedes Tobío, tamén criticou que «este documento convértese nunha frustración para esta comarca» porque «non veñen a axudar para nada» na solución dos problemas que padece. Cualificou as contas de «farsa» e dixo que as partidas consignadas correspóndense con débedas contraídas desde hai moitos anos como o Plan Director do Marcide.

A nivel industrial sinalou Tobío que os orzamentos son «un conxunto vacío» porque non hai propostas para a industria de Ferrolterra. Así, denunciou que «non hai unha soa proposta industrial e as inversións en infraestruturas son inexistentes». En canto ao naval, acusou á Xunta de estar realizando unha deixadez das súas funcións porque non defende un sector estratéxico na zona.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies