FERROL360 | Luns 10 novembro 2014 | 11:06
José María López Dafonte cede a súa biblioteca ao Ateneo Ferrolán nun acto que terá lugar este luns ás 20:30 horas na biblioteca-hemeroteca da entidade. Con este acto, o Ateneo Ferrolán quere agradecer a José María López Dafonte a súa xenerosidade e cooperación na tarefa de recuperar o patrimonio cultural e poñelo a disposición de todo o público
A cesión de José María López Dafonte está composta por numerosas publicacións editadas en Ferrol e documentación orixinal de diversas institucións escolares que existiron na cidade, nas que tiña participado o seu antepasado Andrés López Otero.
En concreto trátanse de documentos e libros pertencentes aos séculos XIX, XX e XXI cuxo eixo vertebrador é a educación e a cultura. Destacando pola súa variedade: O barco-peixe, de Monturiol ata guías turísticas en torno a Galicia pertencentes á ditadura de Primo de Rivera do mesmo xeito que un exemplar da época da Constitución española de 1931, entre outros.
En canto a Ferrol, documentación da Sociedade Española de Construción Naval e de xeito especial as súas escolas (diurnas e nocturnas), viaxe de estudos a París en 1930 de Carmen Castrillón, do mesmo xeito das viaxes realizadas polo seu director e concelleiro republicano Andrés López Otero a Barcelona, Madrid e Tarrasa.
Documentación en torno ao seu fillo, Andrés López Dafonte, tamén director das Escolas da S.E de Construción Naval, profesor da Escola Elemental do Traballo, socio da Liga Racionalista e fundador da Academia Dafonte. Documentación exhaustiva relacionada coa Escola de Artes E Oficios e da Escola Elemental do Traballo de Ferrol y Reglamentos do Corpo de Máquinas da Armada do ano 1915.
Esta cesión é un conxunto documental de grande interese que está xa a disposición do público e que enriquece o fondo local da biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolán.