FERROL360 | Sábado 30 xaneiro 2016 | 17:30
O deputado de AGE e membro da dirección de Esquerda Unida, Juan Fajardo, participará este domingo no café-debate sobre o anteproxecto de lei de acuicultura. A cita terá lugar no Centro Cívico de Mugardos ás 11.30 horas.
Esquerda Unida denuncia que a nova lei de acuicultura que está a redactar a Xunta pretende entregar o litoral e as augas interiores galegas ás multinacionais da acuicultura. O grupo considera que esta norma é «unha barbaridade e un ataque ao sector do mar», xa que condena á desaparición a milleiros de pescadores artesanais e mariscadoras.
Esta charla está organizada polo grupo municipal de EU-Os Verdes-SON en Mugardos,