FERROL360 | Domingo 8 novembro 2015 | 16:46
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto con Belén do Campo, e o alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, visitaron este domingo San Andrés de Teixido para comprobar o resultado das actuacións levadas a cabo na zona.
Durante a visita, Nava Castro incidiu na importancia de potenciar a cerámica de San Andrés, as populares figuras de faragulla de pan ou sanandresiños. Así mesmo, a directora de Turismo de Galicia comprometeuse a brindar formación aos veciños con clases de inglés ou alemán, dado o alto número de visitantes estranxeiros que recibe esta aldea cedeirense.
Por outra banda, na visita acordouse regular aspectos estéticos de San Andrés de Teixido a través dunha ordenanza municipal, que lles dea seguridade xurídica aos veciños respecto ás últimas intervencións.
Neste senso, fíxose fincapé nos novos postos de venda que non contan con dita harmonización e viuse unha necesidade de facela.