Home / Ferrol / Ferrol / Lembrando os cines en alto na compaña dos nosos maiores

Lembrando os cines en alto na compaña dos nosos maiores

LUIS CALVO | ‘Pensando en alto’ | Domingo 13 outubro 2013 | 16:23

«No perdamos nada del pasado. Sólo con el pasado se forma el porvenir»

Anatole France

A exposición de fotografías “Cines nas comarcas de Ferrol-EumeOrtegal”, propiedade da asociación cultural “ConXeito” sigue coa súa itinerancia, en colaboración coa empresa Geriatros. Neste caso, cun recorrido polas residencias de maiores da nosa zona, concretamente nos centros de Laraxe, Ferrol e Narón.

Nos mesmos, logo de cada presentación aos residentes, os traballadores sociais, animadoras e sicólogos elaboran xunto coa asociación cultural ConXeito enquisas e outras actividades arredor dos cines, mesmo en colaboración coas radios e medios que serven para activa-la memoria.

Estes últimos meses están sendo moi abegosos, como o tempo da sega cando hai una boa colleita; neses casos sempre é froito dunha boa semente.

Esta colleita é doada sempre que sigamos a recomendación de non deixar perder o pasado. Son unha gozada de vivencias que a xente descoñece ata que temos a oportunidade de saborealas directamente e somos quen de escoitar e deixarnos acompañar, facernos cómplices, compinches dos nosos maiores que coa súa memoria nos levan a vivir, a entender a súa historia, a súa sociedade.

Non se precisa de máquinas do tempo, só se necesita poñer, -eso precisamente-, un pouco do noso tempo, adicalo a compartir con eles e darnos conta de como a sociedade de hoxe, é ingrata e á vez inconsciente… pois estamos a olvidar, a esquecer, a arrinconar a aqueles que curiosamente foron os que puxeron os mimbres do cesto que hoxe estamos a disfrutar. Cada persoa é un mundo diferente, ten a súa historia, a súa familia aínda que algúns deles xa non disfrutan dela, outros teñen, mais como se non existira, cecais mellor para eles pois así non sofren desagravios e abandonos, pero iso non é o conto.

Gustaríanos ter a capacidade de posuir un gran ordenador mental que recollera todas as conversas e imaxes das historias que gardan na súa memoria e tivera o efecto dun flashback que, como nos cines que nos serviron para comezar estes recordos, gravaran unha non, senón moitas series de televisión que nos achegarían moito máis á nosa realidade que toda esa cantidade de cantos de serea, de modelos a imitar, de cotilleos, de promesas e incumprimentos, de abusos de todo tipo ou de propaganda de charcutería (léase chourizos) que vemos e lemos cada día.

Meus Velliños!. Grazas por seguir aí.

A exposición de fotografías dos cines da nosa comarca percorre diferentes residencias de maiores (Foto: Luis Calvo)

A exposición de fotografías dos cines da nosa comarca percorre diferentes residencias de maiores (Foto: Luis Calvo)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies