Home / Ferrol / Lembranzas dos cines

Lembranzas dos cines

LUIS CALVO | ‘Pensando en alto’ | Domingo 6 outubro 2013 | 14:59

«Solo sé que no se nada y, al saber que no sé nada, algo sé;
porque sé que no sé nada»

Sócrates

Alá polo ano 2008, entroume a curiosidade de mirar dos cines en Ferrol e comarca e atopeime cun mundo de recordos e de xentes protagonistas dos mesmos que moito sabían da historia do cine, por vivencias, e que canto máis coñecía lembrei aquela frase que dixera o filósofo grego.

Iso sentín e tamén decateime de que todo aquelo non estaba escrito e que, pola lóxica da existencia humana, estaba a punto de perderse, de irse coa xente que o viviu e soubo del. Entroume un desacougo ao ver que se podía facer para tentar algo, para que non se perdera todo e, coa axuda doutra xente receptiva, puxémonos a traballar.

Co tempo logramos elaborar unha mostra de fotos dos cines de catorce concellos, non de todos; mais unha porcentaxe a ter en conta. Máis tarde, unha publicación con fotos e testemuñas dos protagonistas da historia que estamos a falar.

Algo fixemos.

Hoxe, a publicación é coñecida neses concellos e a mostra dos cines andivo itinerante por todos eles.

Para satisfacción persoal, esta exposición aínda segue a dar os seus froitos: como é ser coñecida por parte de moita xente das xeracións que coñeceron eses cines.

Desde hai catro meses, e grazas aos profesionais das residencias de xeriatría de Laraxe, Ferrol e Narón, poden vela e traballar a súa memoria cos recordos que lles aporta a visión das fotografías daqueles templos que eran os locais de ocio, os cinematógrafos que acollían as súas ilusións e sonos de xuventude.

Escoitar como lembran momentos da súa vida que xa tiñan agochados na súa deteriorada memoria; ver coma lles brillan os ollos ao desgranar, ao comezo cousas soltas, mais logo ben hilvanadas. E de seguido, recordos e historias que se mesturan entre anécdotas de nenos, ilusións de xuventude, e mesmo outras da vida; unhas máis alegres e outras máis duras coma as da época da guerra e anos de racionamento e de medo. Nun país que, a consecuencia da mesma, entraba nunha situación de abandono e illamento mundial; por mor das amizades e compañeiros de viaxe que escolleu no seu día a España de Franco.

Retomando o escomezo destas verbas, que pouco -por non dicir nada- sabemos do que pasaron esas xeracións; anos de silencio nas nosas casas, que de nenos non entendiamos ou non nos decatábamos de nada, e cantas das nosas familias xa non están para contar o que calaron en vida. Quizais aínda é tempo de recoller o que queda. Para min, véxoo unha débeda cos nosos avós e os nosos pais.

A mostra de cine itinerante nunha das residencias de maiores (foto: Luis Calvo)

A mostra de cine itinerante nunha das residencias de maiores (foto: Luis Calvo)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies