Home / Cultura / Lenda Ártabra colga o cartaz de «non hai entradas» para o concerto de presentación do novo disco

Lenda Ártabra colga o cartaz de «non hai entradas» para o concerto de presentación do novo disco

REBECA COLLADO| Ferrol | Mércores 20 xaneiro 2016 | 11:21

Este sábado o Teatro Jofre vestirase de gala para acoller a presentación do último traballo do grupo de folk ferrolán Lenda Ártabra. «Noites de Lenda» compónse de cancións tradicionais e temas propios do grupo, que mestura distintos estilos para imprimirlle á súa música un selo propio e moi característico.

Alberto Hermáns, Marta Masafret, Salva Vader, Jose María Bastida, Álex Lorenzo e Mundo Bakala, subiranse de novo ao escenario do Jofre avalados pola gran acollida que tivo o seu directo durante as pasadas Festas de Verán. Unha cita ineludible, que arrancará ás 20:30 horas e para a que xa non hai entradas.

FERROL360 – Este sábado presentades no Jofre o voso último disco, «Noites de Lenda». Son todas composicións propias ou incluídes tamén temas tradicionais?
ALBERTO HERMÁNS – «Noites de Lenda» é un traballo que inclúe 14 cancións. Dentro deses temas hai cancións tradicionais como Foliada do Folgoso, letras tradicionais con música nosa e canción orixinais de letra e música. A maioría dos temas son, musicalmente falando, de creación propia.

360 – A entrada para o concerto é gratuíta. Aínda quedan entradas?
AH – As entradas estaban a disposición do público na billeteira do Jofre dende o martes 12 de xaneiro, e temos a satisfación de dicir que para o concerto de presentación do noso primeiro disco colgaremos o cartaz de «non hai entradas».

360 – Onde se pode conseguir o disco? E desde cando está á venda?
AH – Parece ser que o noso número da sorte é o 23. Un 23 de agosto tocamos por primeira vez no Teatro Jofre, o 23 de decembro se puxo o disco á venda e un 23 de xaneiro o presentaremos no Jofre. «Noites de Lenda» pódese mercar en Clef Music, M4, Frecuencia, Cantina de Sedes, entre outros.

360Lenda Ártabra mestura diferentes estilos, como o folk galego, fado portugués, música clásica e ritmos africanos, como acolle o público esta integración de xéneros?
AH – A verdade foi algo que nos sorprendeu gratamente. Á xente lle preguntamos cal é a canción do disco que máis lle gusta e non hai unha canción favorita clara para todos. Á xente lle gusta o disco en conxunto pero cada un ten a súa favorita. Nós o interpretamos positivamente porque quere dicir que «Noites de Lenda» está cheo de 14 cancións para todos os gustos.

360Lenda Ártabra xa se ten feito un oco no noso panorama musical, como foi esa andadura desde 2013 ata o día de hoxe?
AH – A verdade é que a vida do grupo non pasa practicamente dos dous anos pero dende un primeiro momento tiñamos claro que este proxecto ía en serio e que o noso primeiro obxectivo foi a preparación dun repertorio adecuado para concertos en directos e a gravación dun disco.

360 – Tedes pechada algunha actuación máis na comarca para dar a coñecer o disco?
AH – Agora con «Noites de Lenda» temos a mellor carta de presentación de cara ás contratacións. Na comarca, un grupo como o noso que move moitos músicos, non ten moita cabida en pubs porque o espazo é insuficiente, as nosas actuacións concéntranse en verán. Temos contactos para tocar en festivais no verán en Asturias, en Cantabria e no norte de Portugal. Agardamos poder tocar ben prontiño outra vez na nosa cidade como xa fixemos na Sala SUPER8 e o Café Derby.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies